Grupo LabEndo

Noticias

2017


A SOCIEDADE EUROPEA DE ENDOCRINOLOXÍA PREMIA Á BIÓLOGA YOLANDA DIZ
13.09.2017 | DUVI

A investigadora do Laboratorio de Endocrinoloxía da Universidade de Vigo Yolanda Diz Chaves, adscrita ao Centro de Investigación Biomédica, Cinbio, é unha das tres gañadoras do Poster Prize Winner que cada ano outorga a Sociedade Europea de Endocrinoloxía en recoñecemento aos mellores pósters presentados no seu congreso anual. Nesta ocasión presentáronse máis de 1700 traballos e entre os tres mellores na categoría de ciencia básica atópase o de Diz-Chaves, un estudo no que autora demostra que o liraglutide, un axente terapéutico empregado no tratamento da diabetes, é capaz de modular a reposta inflamatoria, o que permite abrir novas liñas de investigación para o tratamento e busca dunha cura para a diabetes e a obesidade, patoloxías que, á súa vez, están asociadas a múltiples enfermidades neurodexenerativas, entre elas o alzhéimer.

“Para min este premio supón unha gran satisfacción, o recoñecemento ao esforzo profesional e persoal, á constancia, ao traballo duro e ao convencemento de que se ía polo bo camiño”, subliña a investigadora, a quen a noticia do premio lle chega poucos meses despois de conseguir unha das axudas da Xunta de Galicia como ‘investigadora emerxente’ e de que un dos artigos do grupo, no que ela asina como primeira autora, recibise a certificación como Top Dowloaded Authors que o acredita como o artigo máis descargado en 2016 na revista Journal of Endocrinology, unha das principais publicacións de referencia neste eido.

Ler noticia completa no DUVI

Outros medios: Diario Atlántico | El Correo Gallego | Faro de Vigo

O GRUPO LABENDO FOI CERTIFICADO COMO TOP DOWNLOADED AUTHORS POLA REVISTA JOURNAL OF ENDOCRINOLOGY
24.02.2017 | Grupo LABENDO

O editor da revista científica Jounal of Endocrinology, cun factor de impacto 4.498, certificou a varios membros do noso grupo como Top Downloaded Authors, con preto de 600 descargas en 2016 (soamente 4 meses dende a publicación do artigo).

Ler o artigo

2016


OS RESULTADOS DUNHA TESE ABREN NOVAS VÍAS PARA O TRATAMENTO DAS ALTERACIÓNS REPRODUTIVAS ASOCIADAS Á DIABETES
01.06.2016 | DUVI

A taxa de infertilidade sitúase en España arredor do 15% nas parellas en idade reprodutiva, porcentaxe que se eleva na poboación diabética debido a causas dependentes da propia enfermidade, unha doenza crónica endocrino-metabólica que afecta a case todos os órganos e sistemas da persoa que a padece, entre eles o aparato reprodutor, tanto do home como da muller. Mellorar o tratamento destas alteracións reprodutivas é un dos retos aos que se enfronta a comunidade científica e no que tamén están a traballar os integrantes do Laboratorio de Endocrinoloxía, un grupo dirixido polo catedrático Federico Mallo e do que forma parte a investigadora Verónica Outeiriño, autora dunha tese de doutoramento cuxos resultados abren novas vías para o tratamento das alteracións reprodutivas asociadas a esta enfermidade.

Os resultados obtidos por Outeiriño permitiron demostrar por primeira vez que GLP-1, a hormona que producen de forma endóxena as células intestinais en resposta á inxestión de alimentos e unha das principais responsables da síntese e secreción de insulina, presenta un efecto estimulador sobre o eixo reprodutor nas femias ratas adultas, actúa como un activador da puberdade e, xunto a un análogo denominado Liraglutide, é quen de restaurar gran parte das alteracións reprodutivas asociadas á diabete.

Máis información

2015


UNHA INVESTIGADORA VIGUESA ESTUDA COMO EVITAR QUE O ESTRÉS PRENATAL SE TRADUZA EN PATOLOXÍAS NA IDADE ADULTA
07.07.2015 | DUVI

A investigadora viguesa Yolanda Diz lleva anos estudando o estrés prenatal coma factor de risco no desenvolvemento de alteracións na conducta emocional, fundamentalmente ansiedade e depresión. Man a man co resto de investigadores e investigadoras do Laboratorio de Endocrinoloxía da Universidade de Vigo, avanzaron un paso máis nestos estudos traballando cun modelo de estrés prenatal inducido por malnutrición que, segundo os datos recopilados, está estreitamente relacionado có desenvolvemento de diabetes de tipo 2 na idade adulta. o seu traballo busca agora tratar de revertir os efectos destructores que esta malnutrición materna ten para o feto.

Financiada pola Xunta de Galicia baixo a Agrupación Estratéxica para a Investigación en Biomediciña, Inbiomed, a investigación analiza en detalle o posible papel regulador do liraglutide, un axente terapeútico no tratamento da diabetes análogo da hormona GLP-1 -encargada de estimular a secreción de insulina e reducir a glucosa no plasma- administrado ás nais estresadas ou afectadas por malnutrición durante as etapas críticas do desebvolvemento do feto.

“Na sociedade actual, có aumento da crise económica e social, cada vez máis mulleres están malnutridas durante a xestación e sometidas a un maior grao de estrés”, suliña Yolanda Diz, que explica que estas mulleres teñen máis complicacións durante o embarazo, partos prematuros, nenos con baixo peso e unha maior predisposición a desenvolver determinadas patoloxías, con alteracións cognitivas e emocionais, alerxias e moi proclives a desenvolver intolerancia á glucosa, resistencia á insulina, diabetes tipo 2 e obesidade, “de ahí a importancia de seguir avanzando na prevención destas problemáticas”.

Máis información



A NUTRICIÓN MATERNAL PODE ALTERAR OS CIRCUITOS NEURONAIS QUE REGULAN A INXESTA
19.04.2015 | Faro de Vigo

A bióloga viguesa estuda en Burdeos cómo unha dieta rica en grasas e azúcares causa na idade adulta comportamentos compulsivos, sobrepeso e obesidade.

Comenzóu a manexar probetas e matraces mentras era estudante e a súa irmá Aloia, investigadora nun centro de Braga e dous anos maior que ela, a animou a continuar polo camiño da ciencia. "A veces llo boto en cara", bromea Marina, licenciada en Bioloxía Molecular por Santiago, doutora en Endocrinoloxía e, dende setembro de 2014, integrante do grupo NutriNeuro adscrito á universidade gala de Burdeos e ao Instituto Nacional de Investigacións Agronómicas (INRA).

Esta viguesa nada en Ourense en 1984 realizou a súa tese dentro do Laboratorio de Endocrinoloxía do campus olívico, onde probou con éxito en modelos de rata novas aplicacións da hormona GLP-1 e das súas análogas, que xa se utilizan actualmente para tratar a pacientes con diabetes tipo 2. As súas propiedades permitirían ademáis atallar a inmadurez dos pulmóns de nenos prematuros e incluso poderían orixinar tratamentos aplicables durante o embarazo e alternativos aos que xa existen no mercado e que poden ter efectos secundarios.

Máis información