Grupo LabEndo

Inicio

LabEndo



Benvidos á páxina web do Laboratorio de Endocrinoloxía da Universidade de Vigo.

O grupo de investigación fundouse en 1995 polo profesor Federico Mallo Ferrer. Dende entón foi incorporando outros profesores e ten formado no mesmo a 10 investigadores nacionais e internacionais. Hoxe en día, o grupo está constituído por catro profesores das áreas de Fisioloxía e Cirurxía (Departamento de Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde) así coma 3 investigadores posdoutorais e 5 doutorandos.

O grupo foi recoñecido coma grupo de referencia (grupo con potencial de crecemento) en 2012 pola Xunta de Galicia e pertence ao Centro de Investigacións biomédicas (CINBIO) da Universidade de Vigo.

Os membros do grupo de investigación presentan un fondo extenso no campo da función endocrina, con especial interese na caracterización das accións das incretinas coma GLP-1 e Ex-4, as súas funcións de regulación e mecanismos de acción involucrados no control neuroendocrino do metabolismo en patoloxías tales coma a diabetes e a obesidade.

O grupo de investigación ten publicado durante os derradeiros 10 anos unha serie de artigos en revistas internacionais de moi alto impacto no seu campo.


LabEndo forma parte de:

Últimas Noticias


A Sociedade Europea de Endocrinoloxía premia á bióloga Yolanda Diz.

13.09.2017 | DUVI

Publicacións


Y. Diz-Chaves, M. Gil Lozano, L. Toba, J. Fandiño, H. Ogando, L.C. González, F. Mallo.
Stressing diabetes? The hidden links between insulinotropic peptides and the HPA axis
Journal of Endocrinology, 230(2): 77-94, 08/2016
Impact Factor: 4.038 | DOI

V. Outeiriño, M. Romaní, L.C. González, E. Vigo, F. Mallo.
GLP-1 increases pre-ovulatory LH source and the number of mature follicles, as well as synchronizing the onset of puberty in female rats
Endocrinology, 156(11): 4226–4237, 08/2015
Impact Factor: 4.159 | DOI